
Chega xuño, e con el a proposta de actividades das Bibliotecas Municipais da Coruña para celebrar o mes do Orgullo LGTBQI+, cuxo día principal se conmemora o 28 de xuño.
Con esta programación, desde as Bibliotecas Municipais buscamos arrepoñernos ao odio sementando diversidade.
Participa, visítanos, e comparte!
Que facemos?

Biletín MilHomes (febreiro 2002): retallos
A Biblioteca MilHomes
O colectivo MilHomes, pioneiro na loita polos dereitos LGTBI na Coruña, disolveuse aló polo ano 2005, pero no ADN da cidade e nas asociacións que viñeron despois queda o seu legado.
Ese legado pode rastrexarse nas publicacións que editaban, como o Boletín MilHomes, no que se da conta da existencia dunha biblioteca moi organizada para o intercambio de libros, revistas e vídeos de temática LGTB+.
Con motivo da celebración do Día do Orgullo 2026, as Bibliotecas Municipais da Coruña quixemos rescatar do esquecemento os títulos que formaron parte desa mítica biblioteca e os reunimos todos nunha guía dispoñible en liña que busca recuperar unha parte da historia LGTB+ coruñesa.
Nota sobre a biblioteca no boletín MilHomes de febreiro de 2002
[transcrito literalmente]
Volvemos poñer en circulación os fondos culturais da nosa organización, despois de que a estancia no comité Anti Sida relaxase un pouco a nosa preocupación por eles, o non ter un espacio cómodo no que organizalos.
Os presentamos neste Boletín un listado de 100 libros, aínda que pouco a pouco, surxiran mais porque esperamos rescatar exemplares que dormen no soño dos xustos, na cada de algún usuario ou porque merquemos novos.
En breve tamén reanudaremos o servicio de préstamo de vídeos, ós que estamos votando unha ollada pra repasar o seu estado de conservación.
Tamén dispoñemos de varios centenares de exemprares de revistas editadas por aproximadamente unha treintena de colectivos homosexuais de tódolo estado.
Pero, como deciamos, a biblioteca xa está a vosa disposición e podedes facer uso dela de luns a venres, en horario de tarde: de 18,30 a 20,30 horas. Suxerimos que chamedes previamente ó teléfono do colectivo pra cercioraros da presencia dun integrante de MilHomes no local, pois o ser tódala nosa labor de voluntariado non é difícil que nalgunha ocasión puntual non poidamos cubrir o servicio.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible