Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Audiovisuais

Cinema na casa

O cinema, a música e os documentais tamén teñen o seu espazo nas nosas bibliotecas.

Leva á casa o mellor da sétima arte, descubre historias que inspiran e amplía os teus horizontes coa nosa colección audiovisual. É gratis e só necesitas o carné de bibliotecas ou activar a túa Tarxeta Millennium.

Que atoparás?

  • Películas: desde grandes clásicos ata as últimas estreas, en formatos DVD e Blu-ray, para todos os públicos e xéneros.
  • Series: desde éxitos de televisión ata producións menos coñecidas. Atopa tempadas completas e miniseries de todos os xéneros: drama, comedia, thriller, ciencia ficción, historia e moito máis, perfectas para facer un maratón ou gozar capítulo a capítulo.
  • Documentais: obras que te convidan a aprender, reflexionar e descubrir, que abranguen temáticas variadas, como historia, natureza, ciencia e sociedade.
  • Música: discos de todos os estilos e épocas para gozar desde a casa.

Podes levar á casa ata 10 exemplares (combinando libros, revistas, audiovisuais...) durante un mes e, no caso dos documentais, podes renovalos 7 días antes de que venza o prazo de devolución (na biblioteca, por teléfono ou a través desta web)

Goza de todo o que o mundo audiovisual ten para ofrecerche, cun pé na casa e outro na biblioteca!

Se o que queres é ler en soporte dixital, accede á plataforma de préstamo de libros electrónicos e descarga o que queiras ou, sinxelamente, le na nube.

Ademais disto, tes que saber que:

Precuentes frecuentes sobre o préstamo de material audiovisual

Quero un material que está noutra biblioteca municipal

Se o material que buscas está noutra biblioteca municipal, podemos enviarcho á que prefiras. Avisarémoste cando chegue e terás 3 días para recollelo.

Como podo devolver os materiais?

Podes devolver os materiais en calquera biblioteca da Rede, e non é necesario que presentes o carné. Ademais, podes facelo na caixa de correos de devolución se a biblioteca está pechada. Algunhas bibliotecas (Castrillón, Fórum, Os Rosales, Monte Alto e Mesoiro) teñen unha caixa de correos exterior dispoñible as 24 horas.

Se non devolves os materiais dentro do prazo, suspenderase o teu dereito a préstamo temporalmente, un día por cada material e cada día de atraso.

Perdín un DVD ou un CD que levara prestado

  • A perda ou deterioración de material supoñerá repoñer o material extraviado ou deteriorado. Se xa non está dispoñible no mercado, contacta coa biblioteca en que o retiraches para que te orienten ou che suxiran algún outro CD ou DVD de características similares.

Lembra

Para saber se temos o que buscas consulta o catálogo

Se queres saber se nas bibliotecas está ese libro que che interesa, que obras hai dunha autora determinada ou os materiais dispoñibles sobre un tema do teu interese podes consultar o catálogo. Poderás saber en que biblioteca está o que buscas, se está prestado e cando o devolven.

Se non temos o que necesitas

Se non atopas na biblioteca algún libro material que che interese, podes suxerirnos que o compremos. Podes facelo a través da web enchendo un formulario de solicitude de compra que tamén está dispoñible en todas as bibliotecas.

Debes de ter en conta que para facer esta suxestión de compra terás que ser socio/a de a biblioteca. Comprometémonos a dar unha resposta á túa solicitude no prazo máximo dun mes. Poderás facer un máximo de dúas peticións de compra por trimestre.

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión