Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Programa gratuito que busca asegurar que las personas jóvenes de entre 16 y 29 años inscritas en Garantía Juvenil, reciban educación continuada o formación tras quedar desempleadas o finalizar su formación académica.
Desde el 13/06/2026 hasta el 14/06/2026
Desde el 09/06/2026 hasta el 12/06/2026
ás 10:00 h.
O Concello da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Europeas de Arqueoloxía, que se desenvolverán os días 13 e 14 de xuño no Castelo de San Antón e no Castro de Elviña, cunha programación dirixida a todos os públicos que inclúe visitas guiadas e actividades participativas.
Desde el 29/06/2026 hasta el 31/07/2026
Consultar quendas.
Sabías que os animais foron sempre unha gran fonte de inspiración para as/os artistas? Neste Obradoiro que terá lugar na biblioteca pública Miguel González Garcés, coñecerás as súas historias e aprenderás a pintalos dunha forma totalmente diferente e divertida.
Desde el 09/06/2026 hasta el 15/06/2026
A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia. Para tal fin, créase a proba dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEE).
Hasta el 02/07/2026
O Concello de Betanzos convoca unha praza de director/a-profesor/a de baile tradicional na Escola Municipal de Folclore (EMUF) polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Hasta el 12/06/2026
Contratación laboral temporal, a tempo completo, mediante oposición dun SOCORRISTA para realizar os servizos de socorrismo na piscina municipal de Visantoña e na área recreativa da Cornella.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible