Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Charla de Lucía Castro: Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda

Tipo de actividade:

Charlas e debates

Tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos

Cando:

19/10/2016

Este evento xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981184298

Conferencia enmarcada no Programa Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino?

Propiedade e débeda son dous conceptos afianzados no imaxinario colectivo que median dunha maneira determinante nas nosas relacións co que nos rodea. É tal o poder que lles outorgamos para facermos intelixible o mundo que dificilmente se abren fendas que poñan en cuestión a súa hexemonía. Atendendo ás tentativas filosóficas que veñen explorando esas fendas, trataremos de visibilizar outros xeitos de relacionármonos que sobreviven ás lóxicas dominantes. O común é o termo co que saen á luz esas experiencias, vellas e novas, e a través do cal se pretende, desde diferentes eidos da sociedade, ir construíndo unha alternativa vital.

Lucía Castro (A Coruña, 1980) é licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados en 2006 polo Departamento de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, sendo investigadora de posgrao nesta universidade e participando en varios grupos de investigación, entre eles, Filosofía do Imperio e Filosofía Xeopolítica da Historia. Entre as súas publicacións cómpre citar artigos coma "El pensar como potencia en Martin Heidegger" (2007), "Lógos y téchne. El lenguaje en la pro-ducción" (2009) e "É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade" (2012), ademais de diversas traducións do alemán publicadas nas obras Filosofía del Imperio (2011) e Teología y teonomía de la política (2012). Tras unha estadía de investigación na Albert-Ludwigs Universität de Freiburg (Alemaña), volve á Coruña en 2011, colaborando en diferentes proxectos sociais da cidade e participando nas actividades culturais promovidas pola asociación Proxecto Derriba, da que forma parte.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema, de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou profundar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir indagando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e o botas de menos na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión