Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Dispositivo migrante: un proxecto artístico e cultural para a Biblioteca Sagrada Familia

Este proxecto indaga no proceso de construción do imaxinario simbólico e iconográfico da emigración galega a partir dun lugar concreto, o porto da Coruña. Neste lugar realizáronse boa parte das imaxes máis representativas da emigración galega, e entre elas, as fotografías de Alberto Martí e Manuel Ferrol sobresaen pola intensidade coa que souberon reflectir este momento histórico.

A investigación está centrada nas fotografías de Alberto Martí sobre a emigración recompiladas no traballo Os Adeuses: unha das principais fontes de imaxes coas que se lle puxo cara á emigración en Galicia e coa que se identifica o seu mar, os seus portos, a súa costa, e a súa xeografía.

Así pois, desde a nosa contemporaneidade, realízase un percorrido entre testemuños e imaxes que invitan a reflexionar sobre a propia fotografía, a memoria e, polo tanto, sobre a identidade do porto da Coruña, hoxe en día escenario para un turismo masivo e rápido que desembarca na nosa cidade a través do fenómeno do cruceirismo.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión