
Do 22 de setembro ao 4 de novembro
A sala infantil da biblioteca Sagrada Familia, na súa reapertura, convértese nun espazo onde descubrir as raíces da nosa identidade cultural a través da oralidade, a historia e a creación artística co ciclo temático "Tradición galega en acción"
Un percorrido polo noso patrimonio
Propoñemos un percorrido participativo polo noso patrimonio para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos, onde aprender xogando e desenvolver a creatividade nun ambiente de convivencia.
Invitámosvos a visitar a mostra de libros informativos e contos arredor da tradición galega. Xunto coa mostra, propoñemos tres actividades:
Achegádevos a cantar, xogar e crear con nós! A tradición galega cobra vida na sala infantil da biblioteca Sagrada Familia... e vós sodes parte desta festa!
Lembra que as inscricións nos obradoiros comezan unha semana antes da data de realización.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible