Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de Mantemento de computador portátil

A quen vai dirixido?:

Adultos

Máis información:

Mantemento de computador portátil
Cursos, formación
Adultos
Require inscrición
De maio a novembro

Se tes un computador portátil e queres comprender o seu funcionamento e aprender conceptos básicos para sacarlle un maior partido, este é o teu curso.

Se tes un telefono móbil avanzado quizais interésenche os cursos de uso e xestión de smartphones.

Onde e cando

LugarDatas
Biblioteca ÁgoraDe maio a novembro
Biblioteca FórumDe maio a novembro
Biblioteca CastrillónDe maio a novembro
Biblioteca Vos RosalesDe maio a novembro
Biblioteca Monte AltoDe maio a novembro
Biblioteca Sacra FamiliaDe maio a novembro

Quero ver o calendario anual de cursos

Obxectivos do curso

Proporcionar aos usuarios o coñecemento necesario para un correcto mantemento e optimización dos seus equipos portátiles.

Programa do curso

  • Orientación inicial cos conceptos básicos: hardware e sistema operativo.
  • Funcións de optimización e seguridade:
    • Desfragmentación.
    • Rexistro.
    • Optimización de arranque.
    • Modos de enerxía.
    • Opcións de monitores.
    • Memoria virtual.
    • Restauración do sistema e copias de seguridade.
    • Eliminación de Spyware.
  • Conexións
    • Bluetooth
    • Wifi
    • Entre equipos

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 14 anos
  • Se estás interesado en repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta
  • Se non podes asistir ao curso no que che inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria en cuestión o sistema non permitirache realizar ningunha outra inscrición
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas

Inscrición no curso

  • Online para os cursos de redes sociais, mantemento de portátil, recursos prácticos na rede e uso e xestión de smartphones

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión