Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de redes sociais

A quen vai dirixido?:

Adultos

Máis información:

Redes sociais
Cursos, formación
Adultos
Require inscrición
De maio a novembro

Se xa dispós dunha conta de correo electrónico pero aínda non manexas os #hastag en twitter ou facebook, as etiquetas en flickr ou a subida de vídeos en youtube, estes son os teus cursos.

Se tes un telefono móbil avanzado quizais che interesen os cursos de uso e xestión de smartphones.

Onde e cando

Lugar Datas
Biblioteca Ágora De maio a novembro
Biblioteca Fórum De maio a novembro
Biblioteca Castrillón De maio a novembro
Biblioteca Os Rosales De maio a novembro
Biblioteca Monte Alto De maio a novembro
Biblioteca Sagrada Familia De maio a novembro

Quero ver o calendario anual de cursos

Obxectivos do curso

Dotar o alumno das competencias necesarias para participar de forma segura nas redes sociais máis coñecidas. Dedicarase especial atención aos aspectos de privacidade, seguridade e legalidade no campo das distintas redes.

Programa do curso

  • Repaso xeral ás funcións da conta de correo propia: axenda, contactos, grupos, etc.
  • Facebook
    • Explicación xenérica sobre Facebook e as súas características xerais
    • Perfil e configuración da conta
    • Buscar e aceptar amigos
    • Eventos, grupos e páxinas
    • Chat e mensaxes
  • Twitter
    • Explicación xenérica sobre Twitter e as súas características xerais
    • Perfil e configuración de conta
    • Establecer contacto, redacción de Twist
    • Mensaxes directas, etiquetas, retwittear
    • Integración de twitter noutras ferramentas sociais
  • Flickr
    • Perfil e configuración da conta
    • Procura de imaxes. Licenza CCC
    • Subir imaxes
    • Organizar álbums e coleccións
  • Youtube
    • Perfil e configuración da conta
    • Procura de vídeos
    • Subir vídeos
    • Canais, visitas e descrición das redes sociais das Bibliotecas Municipais da Coruña: Facebook, Twitter, Flickr e Youtube

Requisitos para inscribirse

  • Persoas maiores de 14 anos
  • Se estás interesado en repetir algún curso, terás que facelo nunha convocatoria anual distinta
  • Se non podes asistir ao curso no que te inscribiches é importante que o comuniques. Pola contra, durante a convocatoria en cuestión o sistema non che permitirá realizar ningunha outra inscrición
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña non outorgan nigún certificado ou diploma por estas accións formativas

Inscrición no curso

  • Online para os cursos de redes sociais, mantemento de portátil, recursos prácticos na rede e uso e xestión de smartphones

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión