Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

O Pensadoiro-Café filosófico

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Quincenal

¿En que consiste O Pensatorio - Café filosófico?

O Pensatorio pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas achega do mundo que nos rodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, que se basea no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.

A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios, etc), que nos servirán de eixo temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.

Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas.

A inscrición implica o compromiso de participar. O número máximo de ausencias permitidas é do 25 %. Unha vez superado este límite, a persoa será dada do baixa para que outra poida ocupar o seu lugar.

    Como participar?

    • Consulta na Biblioteca dos Rosales se quedan prazas dispoñibles.

    Onde e cando

    Biblioteca Grupos Día Hora Periodicidade Prazas
    Biblioteca Os Rosales Grupo 1 Mércores 18.30h Quincenal 14
    Grupo 2 Mércores alternos 18.30h Quincenal 14
    Grupo 3 Xoves 18.30h Quincenal 14

    Tamén che pode interesar

    Sigue buscando actividades similares...

    As inscricións

    Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

    Para ter en conta

    Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

    No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

    Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

    Buscador de actividades

    Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

    Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión