Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ando na Coruña: A Coruña artesá

Por tipo de actividade:

Visitas guiadas, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

 + 19 anos

Cando:

Os días 08/02/2003 ás 18:00 , 08/02/2023 ás 18:00 , 01/03/2023 ás 18:00 , 29/03/2023 ás 17:30

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/02/2023 ata o 08/02/2023

Require inscrición previa.

Horario:

8 de febreiro: 18:00 a 19:00 h

1 de marzo: 18:00 a 19:00 h

29 de marzo: 17:30 a 19:30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##AndoNaCoruña #ACoruñaArtesá

Contacto:

Tel.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Zapatería, Ferrerías, Cortaduría... A memoria dos oficios artesáns aínda resoan nos nosos oídos cando paseamos polas rúas da Cidade Vella. A toponimia dun lugar adoita ser unha máquina do tempo ao noso pasado e na Idade Media os gremios eran parte importante da estrutura social da Coruña.

Este ciclo está dividido en tres sesións, dúas en forma de charla na Biblioteca de  Estudos Locais, nas que, co apoio de diversos recursos multimedia se explicará o marco teórico da actividade, para posteriormente nunha terceira data levar eses coñecementos á práctica nun percorrido guiado pola cidade.

Sesión 1. As orixes de Crunia: nesta primeira sesión falaremos sobre as orixes mitolóxicas da nosa cidade e a evolución histórica dende a etapa prerromana e romana e o camiño precorrido ata a refundación da vila polo rei Afonso IX.

Sesión 2. A estrutura social de Crunia: mercadores, armadores e artesáns pronto serán beneficiados pola localización da cidade. Os reis percibiron dende o primeiro momento as posibilidades económicas que ofrecía o porto e non dubidaron en potenciar na Coruña unha clase emprendedora que producise dividendos para as arcas reais.

Sesión 3. A Coruña artesá: é unha visita guiada pola Cidade Vella e parte do Ensanche coruñés onde repasamos a antiga tradición gremial da cidade ao mesmo tempo que intentamos darlles voz e poñer en valor aqueles comercios ou negocios que aínda conservan unha elaboración tradicional e artesá.  

Manuel Sánchez Domato, encargado desta actividade, é dende o 2021 director do proxecto Cascarilleiros, unha aposta polo turismo sostible, alternativo e enfocado a descubrir os segredos da cidade da Coruña.

Queres saber ...

  • Ando na Coruña

    En que consiste Ando na Coruña?

    ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

    Persegue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

    O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión