Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Cursos e formación
Infantil, Xuvenil
De 9 a 14 anos
Dende o 03/10/2020 ás 11:30 ata o 24/10/2020 ás 13:30 , os sábados
Este evento xa rematou
Dende o 26/09/2020 ata o 03/10/2020
Require inscrición
de 11.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Taller deseñado especialmente para mentes inquietas que queren aprender programación e robótica.
Desde o ano 2011 celébrase o Día Internacional das Nenas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no mes de Abril.
Na Biblioteca queremos celebralo, un pouco máis tarde do previsto dadas as circustancias, realizando este taller no que ao longo de 4 sesións a rapazada construirá e programará o seu propio robot e deseñará un videoxogo.
Queres saber ...
En que consiste BiblioTECH?
BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para acadar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.
O seu formato adoita ser o de talleres ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica axeitada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), a robótica ou a programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible