Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

BiblioTECH: Hologramas e experiencias coa luz

Tipo de actividade:

Cursos e formación

Tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 7 a 12 anos

Cando:

Dende o 14/02/2020 ás 18:30 ata o 21/02/2020 ás 20:30 , os venres

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/02/2020 ata o 14/02/2020

Require inscrición

Horario:

de 18.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Ven a sorprenderte coa maxia dos Hologramas 3D. O único límite é a túa imaxinación!!!

A  Holografía é moi similar á realidade aumentada pero a diferenza desta non necesita de ningún dispositivo (casco, móbil,  tablet,...) para poder gozala. En ambos casos visualízanse imaxes 3D en medio do espazo como flotando nel, ao mesmo tempo que se continúa vendo a contorna na que nos atopamos.

Neste taller aprenderemos a ciencia que fundamenta a  holografía a través do desenvolvemento dunha serie de dispositivos que permitan visualizar imaxes  holográficas utilizando materiais reciclados e deseñaremos e elaboraremos simulacións  holográficas.

Ademais, afondando no concepto de "a luz", que é a base da  holografía, realizaremos unha serie de experiencias creando outros dispositivos sinxelos, tamén con materiais reciclados.

Queres saber ...

  • BiblioTECH

    En que consiste BiblioTECH?

    BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para acadar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.

    O seu formato adoita ser o de talleres ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica axeitada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), a robótica ou a programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión