Charlas e debates
Persoas adultas
+ 18 anos
22/10/2025
Xa rematou
18.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
EVENTO CANCELADO POR OBRAS NO EDIFICIO DA BIBLIOTECA OS ROSALES
En 2025 conmemórase o oitenta aniversario da fin da maior conflagración da historia da humanidade, a Segunda Guerra Mundial. Hai oitenta anos, o 2 de setembro de 1945, o emperador Hirohito asinou a rendición de Xapón a bordo do acorazado USS Missouri, poñendo, dese xeito, o punto final definitivo ás hostilidades. Tan só uns meses antes, en maio, a guerra terminara en Europa coa caída de Hitler e a Alemania nazi en Berlín. Trala fin da contenda chegaron as súas consecuencias, que darían forma ao noso mundo a múltiples niveis e de forma duradeira. Porén, a pesar das oito décadas posteriores de relativa paz e estabilidade, moitos autores e expertos están a falar agora da pugna por unha nova orde mundial, en boa medida debido aos conflictos herdados e non resoltos de aquel tempo. Como se non se tiveran aprendido e asimilado as leccións daquela catástrofe global.
Na Biblioteca Municipal Os Rosales, pola nosa banda, queremos aproveitar a efeméride para facer unha reflexión histórica sobre o que significou a Segunda Guerra Mundial, sobre a súa memoria e sobre o impacto dos seus efectos aínda hoxe en día e sobre como está a transformarse o seu legado no mundo actual. Para facelo, contaremos coa presenza de Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea na USC e Premio Nacional de Ensaio 2019 coa súa obra 'Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018'. Ademáis, na actualidade compaxina o traballo na USC co cargo de vicepresidente do Consello da Cultura Galega, onde dirixe o Arquivo da Emigración Galega.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible