Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura Entrelibros

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

06/10/2021

Quincenal

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2021 ata o 06/10/2021

Require inscrición, prazas limitadas

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Prazas libres para inscribirte no noso club!

Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

O grupo reúnese os mércores, cada quince días, ás 19.00 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano da Coruña.

Queres saber ...

  • Clubs de lectura

    Nos clubs de lectura compartimos lecturas e compartímonos. Quéreste unir?

    Os clubs de lectura son grupos de persoas que comparten, de forma coordinada, unha lectura e logo coméntana e valórana. Dende as bibliotecas proporcionamos os libros que os clubs necesitan para dar inicio a esta conversa e tamén coordinamos algúns dos grupos onde teñen cabida persoas moi diferentes entre si e intereses de moitos tipos. Non se necesita un nivel de lectura experto, pero si inquietudes culturais, gana de ler, facer amizades e intercambiar opinións de forma respectuosa e aberta. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Se estás na procura dun club de lectura e pensas que aquí o podes atopar, bótalle unha ollada á ampla oferta de clubs de lectura que temos en marcha. Poderaste inscribir a través da páxina web, presencialmente na túa biblioteca ou chamándonos por teléfono. As prazas asígnanse por orde de inscrición.

    Os  Clubs xerais  len todo tipo de xéneros, estilos, épocas...

    Os Clubs de lectura temáticos  realizan as súas lecturas sempre seguindo un fío condutor: un formato, unha temática, un xénero literario etc.

    Os Clubs de lectura por lingua  son aqueles que len nun único idioma: o galego.

    O Club de lectura virtual é o grupo de lectura no que non hai data e hora concretas para as xuntanzas e debates, toda a participación se realiza nun blog.

    Os Clubs de lectura infantís e xuvenís  son aqueles que ofrecen lecturas adaptadas a estas idades.

    Os Clubs de lectura cidadáns  son grupos autónomos de persoas que nos solicitan libros en préstamo e que se reúnen fóra das bibliotecas.

    O Club de lectura fácil: Fiando historias é o grupo de lectura dirixido a pacientes de saúde mental e que ten por obxectivo facer as persoas partícipes dunha actividade que lles axuda a mellorar o seu nivel de participación activa na sociedade.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión