Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura express: "As voces baixas"

Cando:

23/04/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/04/2025 ata o 23/04/2025

O estilo de vida actual, coa presenza aditiva das tecnoloxías e a ultraorganización de horarios, consome o noso tempo de lecer. Polo Día do Libro, as bibliotecas animámoste a recuperalo para ti: tempo para ler, tempo para coñecer. Únete á revolución da lectura!

Que mellor que participar dun club de lectura express para recuperar o tempo para ler?

O libro elixido para esta iniciativa é "As voces baixas", de Manuel Rivas: inscríbete se queres que cho prestemos* e segue a lectura compartida en redes ao longo de dúas semanas.

E o 23 de abril participa no faladoiro final que terá lugar presencialmente na Biblioteca de Estudos Locais (entrada libre ata completar a capacidade) e virtualmente no blog do Ciberclub.

*O préstamo de exemplares realizarase na Biblioteca Durán Loriga. Avisarémoste por email para que pases recoller o teu exemplar cando estea preparado.

Le aquí o post de presentación da lectura

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión