Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Club de lectura QUEERuña

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto

Cando:

26/10/2021

Inscricións:

Dende o 16/09/2021 ata o 26/10/2021

Require inscrición

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Volve o club de lectura LGTB, que chega xa á súa VI edición

Arrinca a sexta edición do club de lectura LGTB QUEERuña, onde as lecturas xiran en torno ás diversidades sexuais e de xénero e os feminismos. Algúns artigos publicados na prensa dixeron sobre el que é un club cheo de cores e tamén un dos máis orixinais de Galicia.

Este ano abordaremos lecturas grupais de obras de Carlos Callón, Cris Pavón, Iria Misa, Nee Barros, Emma Pedreira ou Juan Naranjo, entre outras e outros.

Os encontros terán lugar os terceiros martes do mes na Biblioteca de Estudos Locais e, coma sempre, iremos dando conta dos títulos lidos, das reflexións e das obras similares no blog e no instagram do club.

Inscríbete xa e participa!

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    ¿En que consiste o club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de .. Igualdade e diversidade

    Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirche non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión