Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
+14 anos
22/02/2022
Xa rematou
Dende o 25/01/2022 ata o 22/02/2022
Require inscrición
19 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
O club de lectura LGTB expándese e pon en marcha o seu segundo grupo de lectura queer en colaboración coa Asociación Les Coruña.
Tras 6 anos de andaina do club LGTB da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña chegou o momento de doblar a súa capacidade e abrir as inscricións para crear un segundo grupo de lectura composto por outras vinte persoas.
As lecturas do grupo serán as mesmas que as do QUEERuña orixinal e as súas reunións os cuartos martes de mes ás 19h.
Podes consultar todo o detalle da programación de lecturas no blog QUEERuña.
Queres saber ...
En que consiste o Club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O Club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade. No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.
A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible