Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: África contada

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos.

Cando:

25/05/2026

Inscricións:

Dende o 18/05/2026 ata o 25/05/2026

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 h

Duración:

1 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Contacontos enmarcado dentro do Ciclo Temático “Moitas culturas, unha biblioteca”

O luns 25 de maio ás 18.00 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Contacontos "África Contada", dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos.

«África contada» é unha viaxe á África profunda para descubrir as súas cores, recrearse na súa calor, sentir os seus cheiros e vivir os seus valores, a través dos seus contos e fábulas.

A través de contos, lendas e música tradicional, transmitirase aos máis pequenos a riqueza da cultura da África Negra, fomentando valores como a solidariedade, a paz e a convivencia. Mediante o poder da palabra, contaxiaranse emocións e valores como a igualdade e o respecto.

Actividade con inscrición previa.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión