
Para saber máis do traballo de Daniel Carbajal Alonso
Talleres, Outras actividades
Para público en xeral
Mocidade e persoas adultas
20/11/2025
Xa rematou
Dende o 13/11/2025 ata o 20/11/2025
Require inscrición previa
De 18.00 a 20.30 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias. 15009 A Coruña
Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado aos traballos coas mans; nun mundo cada día máis dixitalizado, onde os avances da tecnoloxía e as pantallas parecen dominar as nosas vidas, a importancia da posta en valor das habilidades manuais e prácticas non deberan quedar nun segundo plano. Calquera traballo coas mans non é so útil senón que fai que conectemos co mundo físico e que desenvolvamos tamén creatividade e competencias novas e valiosas que enriquezan a nosa vida cotiá.
Obradoiro impartido polo arquitecto e deseñador Daniel Carbajal Alonso. Nesta ocasión daranos a coñecer o mundo do debuxo urbano, onde reflexionaremos sobre como debuxar modifica o xeito en que vemos o noso entorno cotián. Practicaremos debuxos con acuarela mediante exercicios paso a paso para introducirnos na técnica.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible