Encontros e presentacións
Infantil, Familias
De 8 a 12 anos
Familias
20/04/2023
Xa rematou
Dende o 13/04/2023 ata o 20/04/2023
De 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184389
Encontro para pais, nais, fillas e fillos, onde tentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
A música é, en esencia, diversión pura para gozar sen prexuizos. A mirada da rapazada é a ideal para recorrer a historia da música e iso mesmo é o que fai o escritor e periodista Javier Becerra, redactor na sección Sociedade e Cultura da Voz de Galicia e autor de numerosos libros sobre música.
Ofrecerános unha charla con emisión de videos e proxeccións de imaxes de momentos clave da historia da música rock en ton divulgativo e adaptado para as familias, uns descubriremos o rock e outros lembrarémolo. Reflexará a evolución da música dende o nacemento do rock ata os nosos días. Todo a través do seu libro Isto é rock!.
Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan anotarse. Imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.
Esperámosvos!!!
Queres saber ...
En que consisten os Encontros para familias?
Encontros pensados para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.
Durante as sesións contaremos coa participación de especialistas, que ofrecerán os seus coñecementos e consellos prácticos.
Beneficios de participar:
Temas abordados en edicións anteriores
Centro de Interese Nais e Pais
Ademais, convidámosvos a descubrir o centro de interese Nais e Pais , dispoñible en todas as nosas bibliotecas. Este espazo creouse como un valioso recurso de apoio ás familias na atención e na educación.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible