Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 15/01/2021 ata o 01/02/2021
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
Cancelado
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Exposición das imaxes premiadas do 15.º Concurso Fotográfico Xurxo Lobato
A sala de adultos da Biblioteca Ágora acolle a exposición das fotos premiadas e unha selección das mellores imaxes presentadas ao 15.º Concurso Fotográfico Xurxo Lobato.
O concurso, organizado pola Asociación de Amigos do Instituto de Monelos, está dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte de Galicia co obxectivo de promocionar as/os artistas noveis e impulsar a fotografía entre a mocidade galega.
A convocatoria para a próxima edición xa está aberta e o prazo de presentación esténdese ata o 15 de marzo de 2021.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible