Contacontos
Infantil, Familias
De 2 a 4 anos
19/04/2018
Xa rematou
Dende o 12/04/2018 ata o 19/04/2018
De 18 a 19 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Falando a boca chea na Biblioteca, sesión de contacontos para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Contacontos especial para nenos e nenas a cargo de Chus Álvarez dentro do programa do Forum Metropolitano Falando a Boca Chea...
Baixo o título "PequeNiños, contos para xogar", teremos 7 contos (e cantos) narrados dun modo interactivo. Niños que, en vez de ovos, teñen contos que me contou un paxariño.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible