Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ialma no AgoraSón da primavera 2026

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

20 de abril de 2026

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

As invitacións para asistir á actuación só se poden conseguir nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza o vindeiro venres 15 de maio unha nova edición do AgoraSón de primavera, un evento cultural xa clásico destas datas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, e que nesta ocasión contará con Ialma en concerto, ás 21.00 horas.

Esta iniciativa, que se leva a cabo co gallo do Día das Letras Galegas, está promovida por Normalización Lingüística, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.

Ialma é o cuarteto formado por Verónica Codesal, Natalia Codesal, Marisol Palomo e Eva Fernández. Aínda que residen en Bruxelas, manteñen unha conexión permanente coa súa terra natal, Galicia. Durante 25 anos, a cultura musical e tradicional galega foi para elas fonte inesgotable de inspiración. Dende esas raíces construíron un repertorio de cancións que celebran diversos aspectos da vida cotiá: a vida das mulleres de hoxe, en contacto con múltiples culturas, linguas e estéticas musicais. 

Dende o seu debut no ano 2000, co seu primeiro álbum, Palabras darei, percorreron un longo camiño e con multitude de concertos foron forxando a súa reputación como embaixadoras da cultura galega a nivel internacional. Agora, celebran o seu 25 aniversario co seu sétimo traballo, Homenaxe, nun concerto que honra a memoria e a resistencia e que será unha viaxe musical pola emoción e a celebración.

Primeiro AgoraSón deste ano 2026

O AgoraSón lévase a cabo dúas veces no ano: na primavera -polo Día das Letras Galegas- e no outono -en conmemoración polo Día das Bibliotecas-. O obxectivo desta proposta é dobre: ofrecer un espectáculo musical nun recinto tan especial como o auditorio do Centro Sociocultural Ágora e, en paralelo, levar a cabo un proceso de dinamización lingüística e de promoción da lectura, xa que as invitacións para asistir ao concerto só se poden conseguir nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega. O AgoraSón é un dos programas tradicionais de Normalización Lingüística, que xa tivo nos seus carteis a artistas da categoría das Tanxugueiras, Mercedes Peón, Ruxe Ruxe, Luar na Lubre ou Boyanka Kostova.

Como e onde obter os pases?

O concerto terá lugar o venres 15 de maio, ás 21.00 horas, e só será posible asistir entregando a invitación previamente retirada nas Bibliotecas Municipais. O repartimento destas invitacións comezará o luns 11 de maio, e cada persoa poderá retirar, como máximo, dúas invitacións, que son sen numerar. Repartiranse, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) nas bibliotecas municipais, no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento: 

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os Horarios  de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión