Xogos de mesa, Talleres
Infantil
Para rapazada de 6 a 12 anos
22/11/2025
Xa rematou
Dende o 15/11/2025 ata o 21/11/2025
Require inscrición
Das 11.00 ás 13.00 h.
2 h
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Tlf. 981 18 43 92
Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña
O sábado 22 de novembro, de 11 a 13 h, celebramos o International Games Month (IGM) na Biblioteca Sagrada Familia cunha sesión de xogos para rapazada de 6 a 12 anos.
Un ano máis, sumámonos a esta interesante iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a American Library Association (ALA), que aposta por poñer en valor o importante papel que poden exercer os xogos nas bibliotecas.
Trátase dunha actividade deseñada para aprender, interactuar e, sobre todo, divertirse.
Como funciona a actividade?
Formato: Organizaremos 4 mesas de xogo, con grupos de ata 4 participantes por mesa.
Partidas: Serán curtas e dinámicas (máximo 30 minutos).
Xogos: A selección de xogos estará totalmente adaptada ás idades e ao perfil dos grupos.
Guías: Contaremos con 2 monitores de Metrópolis Cómics que explicarán as regras e dinamizarán as partidas.
Obxectivo: Con esta actividade buscamos promover habilidades, fomentar a interacción e achegar a biblioteca á poboación máis nova a través do xogo.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible