Talleres
Infantil
Público familiar
28/05/2025
Xa rematou
Dende o 21/05/2025 ata o 28/05/2025
de 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Obradoiro infantil e xuvenil sobre emerxencia climática en Galicia
Dentro da programación anual de Biblioteca Verde, este ano adicada ás distintas manifestacións da emerxencia climática, faremos un obradoiro para nenos e nenas de 9 a 14 anos elaborado polo colectivo CEIDA.
O CEIDA desenvolve diferentes programas de educación e sensibilización ambiental como itinerarios ambientais, orientados a dar a coñecer os valores naturais e ambientais do noso patrimonio, espertar os sentidos e descubrir os segredos do mundo natural, activando propostas que deriven en actitudes e comportamentos coherentes coa ética ambiental.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible