Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “Mírame cuando me mientas” de Lydia Parga

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

28/09/2026

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 28 de setembro ás 19 h. temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro Mírame cuando me mientas, de Lydia Parga.

Acceso libre até completar capacidade.

SINOPSE:

Mírame cuando me mientas é unha novela psicolóxica ambientada na Coruña que segue a Mauro e Cecilia, dous personaxes unidos por unha relación na que a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras van deformando pouco a pouco a realidade. A historia explora todo aquilo que intentamos ocultar, incluso de nós mesmos, e a fraxilidade das relacións cando xa non sabemos distinguir o que está pasando do que necesitamos crer. Porque podemos mentir coas palabras, pero hai cousas que os ollos sempre acaban contando.

Lydia Parga é autora independente da Coruña. En maio de 2026 presentou no Fórum Metropolitano Caer para ser, a súa primeira obra. Agora regresa con Mírame cuando me mientas, a súa segunda publicación e unha novela psicolóxica ambientada na cidade, centrada nas relacións, a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión