Talleres
Persoas adultas, Xuvenil
Dirixido a público xuvenil (+15 anos) e persoas adultas
04/05/2026
Dende o 27/04/2026 ata o 04/05/2026
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro enmarcado dentro do Ciclo Temático “Moitas culturas, unha biblioteca”
O luns 4 de maio ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Obradoiro "Danzas do mundo", dirixido a público xuvenil e persoas adultas.
As danzas tradicionais do mundo forman parte dos bens culturais da humanidade. Son a arte popular máis antiga que se coñece. A través dunha longa serie de transmisións feitas de xeración en xeración conseguiron chegar a nós, xa que ao longo dos séculos foron un importante medio de expresión, de comunicación e de relación.
Esta actividade permitirá que os participantes non só "vexan" outras culturas, senón que a "habiten" a través do ritmo. Isto rompe a barreira do observador e converte a diversidade nunha experiencia compartida e física.
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible