Talleres
Infantil
29/06/2026
Dende o 22/06/2026 ata o 29/06/2026
Require inscrición.
De 18.00 a 19.30 h
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña
A partir de 8 anos
bsagradaf@coruna.gal
Tel. 981 184 392
Obradoiro de elaboración de caixas estenopeicas para observar eclipses de forma segura.
O próximo 12 de agosto teremos a oportunidade de presenciar un acontecemento extraordinario: un eclipse solar total visible desde a nosa cidade. Para prepararnos e aprender a observalo con seguridade, convidámosvos a participar neste obradoiro práctico impartido por a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Durante a actividade construiremos unha caixa estenopeica, un sinxelo instrumento que permite observar o Sol de forma indirecta e segura. Ademais, descubriremos como se producen os eclipses, como funciona a luz e que precaucións debemos tomar para protexer a nosa vista.
Unha proposta para achegarse á astronomía de maneira divertida, experimentar coa ciencia e prepararse para vivir un dos fenómenos naturais máis impresionantes que podemos contemplar.
__________________________________________
Segue a información na web das Biblioteas muncipais porque hai máis actividades e exposicións divulgativas durante os meses que preceden á eclipse.
Tamén podedes botarlle un ollo á selección de libros que teremos expostos durante este tempo.
Actividades relacionadas
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible