Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Primaletras: Concerto AgoraSón Primavera con Luar na lubre organizado por Normalización Lingüística

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

21/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre con convite recollido previamente nas bibliotecas municipais.

Horario:

21.00 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#PrimaLetras

Contacto:

bagora@coruna.gal

Tel.: 981 189 886

Actividade organizada por Normalización Lingüística incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)

O grupo de folk coruñés Luar na lubre pecha a primavera dos libros e das letras interpretando algúns dos seus temas.

Con máis de 30 anos de historia profesional e con dous discos de ouro ao longo da súa traxectoria, Luar na lubre é unha das bandas de música celta máis importantes de toda Europa. Recoñecido con galardóns como Mellor Álbum Tradicional por "Camiños da fin da terra" (Premios da Música, 2008) ou "Ao vivo" (Premios da Música, 2010), Luar na lubre é un referente da música folk que participou nos principais festivais de World Music xunto a artistas como Mike Olfield, The Waterboys, The Corrs ou Bob Geldof.

O seu último traballo, "Vieiras e vieiros" (Warner Music, 2020), pon banda sonora ao Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia a través de 27 temas.

CONVITES

Repatiranse os convites, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 16 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.

Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.

Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Repartiranse dous convites por carné.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión