Charlas e debates
Persoas adultas
20/02/2026
Require inscrición
19.30h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
O proximo venres 20 de febreiro ás 19.30 h na Casa Museo Casares Quiroga, as Bibliotecas Municipais da Coruña, en colaboración coa Asociación Cultural AIS, presentamos a proxección do documental "Un hombre libre", dirixido por Laura Hojman.
O ciclo NEXOS, no que se enmarca este acto, quere crear pontes entre cinema, literatura e memoria, propoñendo espazos de encontro para descubrir voces e relatos que conectan o pasado e o presente a través da lectura e o diálogo.
"Un hombre libre" recupera a figura de Agustín Gómez‑Arcos, escritor español nado en Enix (Almería) cuxa obra foi censurada na España franquista, o que o levou a exiliarse primeiro en Londres e logo en París, onde continuou a súa carreira literaria escribindo en francés e alcanzando amplo recoñecemento internacional.
Tras a proxección, contaremos cun conversatorio coas persoas protagonistas da sesión: a directora Laura Hojman e Rafael Calvo, cineasta e membro do Club de Lectura QUEERuña das Bibliotecas Municipais, para abordar temas como cine, memoria, exilio, literatura e diversidade afectivo‑sexual a partir do documental e da obra de Gómez‑Arcos.
En colaboración co Centro Andaluz de las Letras, as Bibliotecas Municipais acolleremos proximamente unha mostra de carteis sobre a vida e obra de Agustín Gómez‑Arcos, contribuíndo a contextualizar e ampliar o interese pola súa lectura e comprensión.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible