Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Roteiro literario: En feminino con Mercedes Queixas

Por tipo de actividade:

Visitas guiadas

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 14 anos

Cando:

05/05/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 28/04/2017 ata o 05/05/2017

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Contacto:

Roteiro literario "En feminino" coa escritora Mercedes Queixas.

Se queres gozar dun paseo literario pola cidade de man da escritora Mercedes Queixas, esta é a túa oportunidade!

Faremos un percorrido por diferentes rúas da Coruña que levan nome de muller, co obxectivo de visibilizar o peso delas na  historia da Coruña e dar a coñecer o seu traballo.

O roteiro constará dunha serie de paradas e iniciarase na rúa María J. Wonenburguer, na zona do parque do Vioño, e remataremos na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. No percorrido, teremos ocasión de achegarnos a diversas mulleres coma Mariana Pineda, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán ou Modesta Goicouría, entre outras.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión