Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ao cumprir cen

Con esta mostra a Biblioteca de Estudos Locais quere conmemorar o cen aniversario de dous monumentos situados nos Xardíns de Méndez Núñez:

  • o adicado a Concepción Arenal, do que é autor o arquitecto coruñés Rafael González del Villar, e
  • o que recorda a outra importante muller galega, o de Emilia Pardo Bazán, do que é autor Lorenzo Coullaut Varela e que posteriormente fora restaurado polo artista coruñés, Manuel Ferreiro Badía.

As pezas que poden verse nesta mostra recordan a vixencia e actualidade do pensamento destas dúas mulleres, tan adiantadas ao seu tempo, que levantaban a súa voz contra unha situación contra a que, aínda hoxe, debemos seguir loitando con actos diversos de rexeitamento como o de "A Coruña en negro" co que, nestes días, téntase concienciar sobre a necesidade de loitar contra os actos de violencia machista.

Concepción Arenal

Concepción Arenal adicou a súa vida a traballar polos máis desfavorecidos. Entre eles, as mulleres eran un colectivo, sen apenas dereitos. Ela mesma tivo que disfrazarse de home para poder acudir á Universidade. A súa  loita pola igualdade segue aínda de actualidade.

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán, tamén loitou polos dereitos da muller. De feito, é moi fácil atopar nas súas novelas e ensaios a cuestión feminista. Destas novelas e ensaios a biblioteca conserva primeiras edicións como a de Morriña que se pode contemplar na exposición

Ven ver de preto estes materiais

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión