Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
No Centro de Saúde Monte Alto - A Torre, as esperas médicas convértense en momentos de lectura! Grazas á colaboración da Biblioteca de Monte Alto có Servizo de Enfermeria obstetrico xinecolóxica (matrona) e o Servizo de Pediatría, ofrecemos espazos de lectura infantil e recomendacións lectoras para futuras nais e pais
Menos pantallas, máis historias!
A
Biblioteca Municipal Monte Alto
pon en marcha unha nova iniciativa de fomento da lectura en colaboración co Centro de Saúde Monte Alto - A Torre, ofrecendo diferentes espazos e recursos para pacientes e acompañantes.
"Lendo espero" → Un punto de lectura infantil para nenos e nenas de 0 a 14 anos, con libros, contos e cómics para acompañar as esperas na consulta de pediatría. Tamén conta cunha sección con libros e revistas para nais e pais. ( Acceso libre na sala de espera)
"Lendo Espérote" → Unha selección de libros recomendados polo servizo de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona) para orientar ás mulleres embarazadas e ás súas parellas nesta etapa vital. Os libros están dispoñibles en préstamo na Biblioteca de Monte Alto.
"Le ante o Reto da Crianza" → Un programa en colaboración co servizo de pediatría do centro de saúde, que ofrece recomendacións lectoras para pais e nais sobre crianza, educación e desenvolvemento infantil. Estes libros tamén se poden levar en préstamo na Biblioteca de Monte Alto.
Como funciona?
O acceso aos libros en "Lendo espero" é libre durante as esperas médicas.
Para "Lendo Espérote" e "Le ante o Reto da Crianza", os profesionais sanitarios recomendan lecturas baseadas nunha guía bibliográfica dispoñible na biblioteca.
Os libros recomendados pódense coller en préstamo na Biblioteca Municipal de Monte Alto.
Transformamos as esperas en oportunidades de lectura!
Máis info na Biblioteca de Monte Alto ou pregúntalle ao teu equipo sanitario.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible