
Funcionamento do servizo
As Bibliotecas Municipais da Coruña ofrecen o servizo de préstamo de dispositivos electrónicos portátiles co obxecto de reforzar o acceso universal á información, a lectura dixital e os recursos culturais e formativos en liña.
Se xa cumpriches os 18, co carné de bibliotecas ou a túa Tarxeta Millennium activada podes solicitar o acceso a este servizo gratuíto.
Como me dou de alta neste servizo?
Presencialmente, na Biblioteca Fórum Metropolitano. Leva o teu carné da biblioteca e o teu DNI porque necesitarás identificarte. Nese mesmo momento entregarémosche, para que leas e asines, un documento que recolle con detalle o funcionamento do servizo e o teu compromiso coas condicións específicas de uso. A partir dese momento xa poderás levar en préstamo calquera dos lectores que estean dispoñibles.
Que necesito saber sobre o préstamo e a devolución dos dispositivos?
Cómpre ter en conta...
O funcionamento é similar ao préstamo de libros, CD, DVD...
Lembra que...
... desde o momento en que retiras un dispositivo ti es a única persoa responsable do seu coidado. Evita un mal uso e asegura que a seguinte persoa que o use o atope no mesmo estado que ti o atopaches.

[NOVO!] Préstamo de tabletas
As tabletas permiten consultar libros electrónicos, recursos en liña, prensa dixital, aplicacións educativas e outros contidos culturais, e favorecen un uso autónomo e responsable das tecnoloxías.
Que contido podo consultar?
Recomendámosche usar os dispositivos para descargar lecturas nas aplicacións de plataformas de préstamo electrónico, como GaliciaLe ou EbiblioDaCoruna, pero por suposto es libre de usar o dispositivo en función das túas necesidades.
Modelos e accesorios dispoñibles
Temos 10 dispositivos coma este:

Préstamo de libros electrónicos
Sabías que no tamaño dun libro con formato de peto e cun peso de menos de 200 gramos pódese almacenar unha biblioteca enteira?
Os lectores de libros electrónicos son cómodos se queremos levalos no bolso ou ás vacacións e non queremos cargar demasiado peso, permiten axustar o tamaño e o tipo de letra e localizar palabras ou frases xa lidas.
Que conteñen os lectores?
Todos os lectores electrónicos dispoñen dunha tarxeta de memoria na que atoparás unha coidada selección de 90 grandes obras clásicas e libres de dereitos da literatura universal.
Asegúrate de que o persoal da biblioteca comprobe, na túa presenza, que o lector que vas levar ou que vas devolver contén a súa tarxeta correctamente cargada.
Modelos e accesorios dispoñibles
Temos 10 dispositivos coma este:
Tamén che pode interesar
Catálogo de títulos de libros electrónicos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible