Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

35 aniversario do Centro de Planeamento Familiar da Coruña

35 aniversario do COF

Este ano o Centro de Planificación Familiar Municipal cumpre 35 anos, unha ocasión que paga a pena celebrarmos para visibilizarmos así o importante labor que vén facendo desde os seus inicios.

Creado no ano 1983 polo Concello da Coruña, comezou a dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis demandadas pola veciñanza, a atención á saúde sexual e reprodutiva que, no seu día, aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Durante estes 35 anos de traballo, o centro mantivo o espírito innovador e reivindicativo que caracterizou o seu nacemento, de servizo á cidadanía e de acción polos dereitos sexuais e reprodutivos de todas as persoas, especialmente daquelas máis atravesadas polas violencias e a desigualdade: nenas, rapazas, mulleres e persoas LGBTIQ.

En cada unha das bibliotecas da Rede van desenvolver unha serie de actividades como faladoiros sobre a educación afectivo-sexual e obradoiros sobre igualdade dirixidos a persoas responsables de crianzas e/ou docentes, e contacontos dirixidos a público de entre 3 e 8 anos nos que se abordarán, entre outras cousas, as novas paternidades.

Busca a túa no folleto coa programación completa ou no buscador web de actividades!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión