Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

#Muller

Muller

Co ciclo temático #Muller, que se desenvolve durante o primeiro trimestre do ano 2019 na Biblioteca Fórum Metropolitano, queremos destacar os esforzos das mulleres nunha sociedade patriarcal, o seu papel como forza viva e activa que camiña cara a igualdade real e legal entre homes e mulleres, necesaria para que a nosa sociedade avance en positivo e non quede ancorada nese pasado patriarcal.

Loitar por estes espazos de igualdade require, como a socióloga Rosa Cobo afirma, "que o poder político faga da igualdade entre homes e mulleres un obxectivo central da súa axenda política... pero sobre todo, o máis importante é crer na igualdade". De aí que sexa de suma importancia traballar día a día o Principio de Igualdade.

A mostra bibliográfica, con materiais para público infantil e materiais para público adulto, estará dispoñible do 14 de xaneiro ao 31 de marzo, e está composta dunha selección de fondo bibliográfico e documental de mulleres que fan da súa vida unha loita por este principio de igualdade, a pesar de que as condicións sociais  non son nin foron as máis axeitadas.

Este ciclo temático está acompañado de actividades orientadas a reforzar o papel da muller na nosa sociedade e sobre todo a  EDUCAR NA IGUALDADE DE XÉNERO para previr a desigualdade no futuro e construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e diversa.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa busca combinando distintos criterios. Só tes que acceder á busca avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión