Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obxectivo Bibliotk

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Infantil. 9 a 14 anos

Require inscrición (trimestral)

De outubro a abril. Quincenal

¿En que consiste Obxectivo Bibliotk?

Este programa persegue dar a coñecer todos os segredos da biblioteca e compartir lecturas cos mozos do barrio.

As sesións están expostas cun enfoque lúdico e pretenden vincular as bibliotecas tamén coa procura de información e o tempo de lecer.

Utilizaremos recursos web, a fotografía, vídeos... e tamén as redes sociais. Dáte un paseo polo pinterest desta actividade para ver que facemos e decidirche a vir connosco

      Esquema das sesións

      Esta actividade estrutúrase en tres bloques, con catro sesións cada un. Serán reunións quincenais de hora e media de duración onde trataremos os seguintes puntos:

      Primeiro bloque: Achegámosche á biblioteca, os seus servizos e fondos

      • Coñece todo o proceso que seguen os materiais que mercamos na biblioteca ata a súa posta a disposición para o público.
      • Participa nas tarefas da biblioteca e protagoniza algunha das súas actividades.

      Segundo bloque: difusión de fondos

      • Escolle un tema que che interese, mergulla entre os materiais da biblioteca e Internet e fai unha presentación atractiva para poder ensinarlla a todo o público.

      Terceiro bloque: difunde a biblioteca e o programa

      • Utiliza as redes sociais. Fai unha exposición fotográfica, ou de ilustración, ou...
      • Achégalles o teu resultado aos centros escolares e entidades do barrio.

      Como participar?

      • Cada bloque require unha inscrición distinta, que se habilitará unha semana antes do inicio das sesións.
      • Se te inscribes, debes comprometerte a asistir, como mínimo, a 3 sesións do trimestre.
      • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.

      Onde e cando

      Lugar Día hora Frecuencia
      Biblioteca Castrillón Mércores 17.00 horas Quincenal

      Moi importante

      Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo ou coa túa filla algúns libros para levar para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

      Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en lle pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

      Sigue buscando actividades similares...

      As inscricións

      Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

      Para ter en conta

      Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

      No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

      Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

      Buscador de actividades

      Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

      Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Síguenos en

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión