Talleres
Todos os públicos
Require inscrición
Todo o ano
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Onde e cando
Biblioteca Fórum Metropolitano
Moi importante
Non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levarvos a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Feixe da lectura compartida un membro máis da túa familia.
Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
19/12/2025
Dende o 12/12/2025 ata o 19/12/2025
De 17.00 a 19.00 horas.
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible