Charlas e debates, Visitas guiadas
Persoas adultas
+ 19 anos
Os días 27/09/2023 ás 18:00 , 25/10/2023 ás 17:00 , 29/11/2023 ás 17:00
Xa rematou
Dende o 20/09/2023 ata o 27/09/2023
Require inscrición previa.
27 de setembro: 18:00 a 19:00 horas
25 de outubro: 17:00 a 19:30 horas
29 de novembro: 17:00 a 19:30 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
##AndoNaCoruña #CoruñaRomana #cidadevella #bestudoslocais #memorialocal
Teléf.: 981 184 386
A actividade versará sobre os restos romanos menos coñecidos da cidade. Na primeira sesión contextualizarase a actividade nunha sesión informativa e nas dúas sesións seguintes realizaranse varias visitas guiadas.
1.ª sesión: Contextualización da actividade. Entrega dun dossier con bibliografía que se atopa na Biblioteca de Estudos Locais e unha selección de fragmentos.
2.ª sesión: Visita guiada ao alxibe da rúa Franja e ás murallas.
3.ª sesión: Vistia guiada ao Castelo de San Antón e ás salas romanas da Igrexa de Santiago.
María Pardo Eimil, encargada desta actividade, é guía turística e documentalista.
Queres saber ...
O programa Ando na Coruña, organizado desde a Biblioteca de Estudos Locais, ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña a través de 3 actividades anuais dirixidas a público adulto.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible