Charlas e debates
Para público en xeral
13/11/2025
Xa rematou
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Mentres dure a vida, sigamos co conto": 100 anos con Carmen Martín Gaite.
Charla: Cen anos de luz e letras: o legado inspirador de Carmen Martín Gaite
A cargo de Antonio Couto Llamas
Xoves 13 de novembro ás 19 h.
Dirixido a persoas adultas.
Acceso libre até completar capacidade.
A charla céntrase na vida de Martín Gaite, o seu legado na literatura e as escritoras da súa xeración dos 50.
Premio Príncipe de Asturias das Letras no 1988, cunha vinculación con Galicia evidente, e pertencente á chamada Xeración do 50 (un grupo de escritoras marcado pola experiencia da Guerra Civil e a posguerra) entre os que se atopaban, Josefina Aldecoa, Ana María Matute, Gloria Fuertes ou Carmen Laforet.
Pretendemos condensar a importancia desta novelista que escribiu sobre os sentimentos e conflitos das mulleres cunha mirada profunda, crítica e moitas veces innovadora para a súa época, dentro do contexto social e cultural que a rodeou.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible