Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: Enfermidades ambientais

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

30/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade.

Horario:

De 19.00 h. a 20.30 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada programa de divulgación científica: PARA SABER +

Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d

Este grupo vén desenvolvendo unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.

O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19 h. na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar capacidade.

O luns 30 de maio temos a terceira charla do programa:

Enfermidades ambientais

Con Ana M. González Tizón e Icía Lista Pombo

A nosa actividade diaria está sometida a ruídos, aire contaminado, emisións de gases, po. Que comes? Que bebes? Que respiras? Que escoitas? A túa vida diaria repercute na túa saúde? A resposta é si e imos saber como e por que.

  • Ana González Tizón

Profesora de Xenética e trekki total. Entre clases, investigación, cinema, e outros variados mesteres fago oco para divulgar e liar aos estudantes novos a que tamén o fagan.

  • Icía Lista Pombo

Ola! Son bióloga molecular e futura (espero) Policía Científica (cruzamos dedos). A rama que máis me gusta da Bioloxía é a Xenética, pero no que a divulgación se refire non podería ser tan concreta, e apúntome a un bombardeo. Podes escoitarme falar sobre bacterias e antibióticos, sobre microplásticos, plantas carnívoras...O mesmo che fago un xabón en 3 minutos que che ensino vexetais que se moven!

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión