Encontros e presentacións, Charlas e debates
Persoas adultas
06/06/2026
Entrada libre ata completar a capacidade.
De 12.30 a 14.00 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Tel.: 981 189 886
Charla divulgativa sobre a práctica do budismo na Agra do Ozán a cargo do mestre zen Daniel Ungo.
O sábado 6 de xuño ás 12.30 h a Biblioteca Municipal Ágora acolle a charla divulgativa "O barrio, o ruído, o zen e o zazen", un encontro para presentar á veciñanza un novo espazo dedicado á práctica do Budismo Zen e a meditación zazen.
Daniel Ungo, mestre zen da liñaxe Deshimaru, funda no barrio do Ventorrillo un Dōjō para a práctica do zen e a meditación zazen nas galerías da Ronda de Outeiro.
Nesta charla dará a coñecer o Dōjō á veciñanza, así como tamén amosará en que consiste o budismo zen e a práctica da meditación zazen.
Sobre o mestre zen Daniel Ungo
Daniel Ungo atopa a Vía do Buda no ano 2001 a través dunha iniciación no Mokusan Dōjō de Madrid. Constantemente presente na práctica cotiá do Dōjō así como nas sesshin (retiros) do templo Shorin-ji en La Vera (Cáceres) baixo a educación da súa mestra Bárbara Kosen, de quen recibiu a ordenación de Bodhisattva (practicante zen laico) en 2007, a ordenación de monxe zen en 2008 e a transmisión do Dharma Shiho) en 2023, sendo actualmente mestro zen da liñaxe Deshimaru.
No ano 2021 trasládase a Galicia, onde crea varios centros ata que, en 2026 instálase na Coruña e pon en marcha o Dōjō Ryu-Sansui, novo centro estratéxico desde o cal expandir a práctica de Zazen en Galicia.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible