Charlas e debates
Para público en xeral
25/03/2025
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.30 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo temático "Por un rural vivo"
Charla: O modelo Habita Rural, aprendizaxes e retos.
Brais Pérez Gómez (coordinador do proxecto Habita Rural, Ecos do Sur)
Martes 25 de marzo ás 19.00 h
Acceso libre até completar a capacidade
O obxectivo de Habita Rural é dinamizar o rural galego, freando o despoboamento e o abandono de solo produtivo e vivenda, ao tempo que lles ofrecemos oportunidades de vida, formación e emprego ás persoas residentes nas cidades e vilas galegas, onde se sitúan os principais petos de desemprego e exclusión. Na actualidade estamos traballando cos concellos de Xermade, Muras e Ourol (Lugo) e Sobrado, Vilasantar e Boimorto (A Coruña).
Como traballamos? Por un lado, identificamos persoas en situación de vulnerabilidade que viven na cidade e están dispostas a traballar e residir no rural. Logo, detectamos oportunidades de vivenda e emprego no rural que poden resultar atractivas para esas persoas. Deste xeito, agardamos atraer poboación que axude a dinamizar zonas en declive demográfico.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible