Clubs
Persoas adultas
08/10/2025
Club semanal
Xa rematou
Dende o 17/09/2025 ata o 30/09/2025
A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
Mércores, ás 11.00 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184389
Se tes máis de 60 anos e che apetece compartir a lectura en voz alta, facer amigos e charlar utilizando un bo texto como excusa, só tes que que achegarte ao Club de lectura en voz alta da Biblioteca Os Rosales.
Gústache compartir intres e lecturas con outras persoas e tes máis de 60 anos? Cando fai que non les en voz alta? Está demostrado que ler en voz alta ten enormes beneficios para a saúde e o benestar: mellora a memoria, a comprensión de textos complexos e mesmo axuda a fortalecer as relacións emocionais con outras persoas. Anímaste a unirte a o noso club? Esta actividade semanal (mércores de 11 a 12:30 h.) consistirá na lectura en voz alta de libros ou parágrafos por parte de todas as persoas participantes, propiciando así o encontro na biblioteca e as ganas de compartir as lecturas propostas pola bibliotecaria coordinadora do club.
Queres saber ...
En qué consiste o club de lectura en voz alta?
Está pensado para persoas maiores (+60 anos). Esta actividade semanal (mércores de 11 a 12 h) consistirá na lectura en voz alta de libros ou parágrafos por parte de todas as persoas participantes, propiciando así o encontro na biblioteca, as ganas de compartir as lecturas propostas pola bibliotecaria coordinadora do club e ir mellorando aos poucos as competencias de lectura.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible