Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club QUEERuña: picnic de peche de tempada

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

25/06/2020

Xa rematou

Horario:

19 horas

Contacto:

Poderemos, por fin, tomarnos a foto de grupo coa Torre de Hércules de fondo?

O xoves, 25 de xuño, ás 19h faremos o picnic de peche de tempada. Se fai bo día será na Torre de Hércules e se non, coma nos sucede ano tras ano, no Parque Santa Margarida. Sexa como for, será un encontro presencial (!!!) sin pantallas nin software de videoconferencias. Un cara a cara, un ti a ti no que cadaquén participa traendo algo para picar/beber e, en conxunto, votar polas lecturas favoritas deste curso.

A cuarta tempada do club LGTB foi, sen xénero de dúbidas, a máis atípica de todas mais non por iso deixamos de compartir lecturas: María Reimóndez, Marta Sanz, Pablo Carreiro, Paul B. Preciado, Andrea Nunes ou María Rosendo... lecturas debatidas en persoa e, outras, con conversas en zoom que fumos recompilando no blog queer.

O picnic dá peche a este curso e é aberto a calquera persoa que queira unirse a nós. É tamén o inicio dunha serie de accións que realizamos desde "As municipais entenden" para reivindicar os dereitos das persoas LGTB.

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    En que consiste o Club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O Club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade. No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.

    A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión