Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos de Raquel Queizás: Buscando a Emilia

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

Dirixido a crianzas de 5 a 10 anos acompañados/as dunha persoa adulta.

Cando:

13/10/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/10/2021 ata o 13/10/2021

Require só inscrición dos nenos e nenas

Horario:

De 18.00 h a 19.00 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Emilia Pardo Bazán e o seu tempo"

Espectáculo de narración oral, a cargo de Raquel Queizás, con manipulación de obxectos para nenas e nenos a partir de 5 anos centrado na figura de dona Emilia Pardo Bazán. 

A condesiña é filla única. Os seus pais procuráronlle unha educación nada habitual para as nenas da época. "Se che din algunha vez que hai cousas que poden facer os homes e as mulleres non, di que é mentira", díxolle o seu pai. Falaba varios idiomas e viaxou por todo o mundo, pero no canto de converterse nunha señorita exquisita casadeira converteuse, dona Emilia Pardo Bazán, nunha grande escritora, nunha muller revolucionaria.

A detective Queliña para saber máis dela abrirá a súa vella maleta de madeira. Entre os seus libros, os seus escritos, os seus panos, os seus chapeus... De seguro atopará moitos tesouros segredos e misterios e descubrirá os valores da escritora.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión