Contacontos
Infantil, Familias
Crianzas de 3 a 8 anos, acompañadas dunha persoa adulta.
25/10/2021
Xa rematou
Dende o 18/10/2021 ata o 25/10/2021
Require inscrición.
De 17.00 a 18.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Achégate a descubrir a orixe e historia do Samaín da man de Pedro Brandariz!
Espectáculo de narración oral artellado en base a varias historias que ocorren na noite de Defuntos, o 31 de outubro. Trátase de contos protagonizados por bruxas, meigas, ánimas e outros espíritos medorentos que vivirán nunha manchea de aventuras moi divertidas. A montaxe mestura contos de medo coa proposta humorística e de comedia de Pedro Brandariz.
A través deste espectáculo as nenas e nenos coñecerán a historia e orixe do Samaín, as costumes ligadas a esta celebración, así como todo o acervo cultural vencellado ao outono: a vendima,a recollida das castañas, as cabazas e os calacús, o San Martiño...
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible