Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio 2022. Saúde e benestar. Que comen os nosos fillos?

Corazón do Barrio 2022 estará adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.

Unha alimentación adecuada está relacionada coa nosa calidade de vida. Por isto é importante fomentar un estilo de vida saudable.

O obxectivo é coñecer as bases dunha alimentación e uns hábitos saudables para aplicalos no día a día.

  • Necesidades nutricionais e alimentación na idade escolar. Coñecer os requirimentos específicos nesta idade para adecuar a súa alimentación.
  • Que esconden as etiquetas nutricionais? Aprender a interpretar as etiquetas para poder realizar eleccións conscientes e máis saudables.
  • Aclarando mitos alimentarios. Desmitificaremos moitas crenzas erróneas da sociedade en relación coa alimentación.
  • Planificación dun menú semanal. Como elaborar un menú equilibrado e adaptado de forma sinxela.
  • Cómo facer unha compra saudable.

Estará impartida por nutricionistas de ABAC (Asociación de bulimia e anorexia da Coruña) e dirixida a familias e responsables de comedores.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión