
Para saber máis do traballo de Francisca García Jáñez
Talleres, Outras actividades
Persoas adultas
Persoas adultas
16/10/2025
Xa rematou
Dende o 09/10/2025 ata o 16/10/2025
Require inscrición previa
De 17.30 a 20.30 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias. 15009 A Coruña
Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado aos traballos coas mans; nun mundo cada día máis dixitalizado, onde os avances da tecnoloxía e as pantallas parecen dominar as nosas vidas, a importancia da posta en valor das habilidades manuais e prácticas non deberan quedar nun segundo plano. Calquera traballo coas mans non é so útil senón que fai que conectemos co mundo físico e que desenvolvamos tamén creatividade e competencias novas e valiosas que enriquezan a nosa vida cotiá.
Obradoiro impartido por Francisca García Jáñez, Doctora en Filoloxía Hispánica (especialidade Arte e Literatura) e Catedrática de Lingua española e Literatura. Escritora, poeta, docente e investigadora. Publicou varios libros dentro do campo da literatura e da arte centrados nos Séculos de Ouro e o Romanticismo e tamén escribiu unha triloxía de poemas ilustrados e en edición bilingüe xaponés-español: Tankas habitados (2018); Komorebi, bosque de haikus (2020); e Saza- nami, o que conta o mar (2022). Está especializada en impartir talleres de poesía xaponesa e de microrrelatos.
Neste taller coñeceremos as ferramentas básicas para elaborar un haiku, máxica composición poética xaponesa que conecta co presente e axuda a serenar a alma. Trátase dun poema curto formado por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. Centrarémonos na observación para captar o momento da natureza a través do silencio, a mirada e a palabra.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible