Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio 2025. Biblioteca práctica: habilidades manuais na era dixital. Obradoiro de costura expres. Acompáñame a coser un botón.

Por tipo de actividade:

Talleres, Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Mocidade e persoas adultas

Cando:

06/11/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 30/10/2025 ata o 06/11/2025

Require inscrición previa

Horario:

De 18.30 a 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias. 15009 A Coruña

Contacto:

Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado aos traballos coas mans; nun mundo cada día máis dixitalizado, onde os avances da tecnoloxía e as pantallas parecen dominar as nosas vidas, a importancia da posta en valor das habilidades manuais e prácticas non deberan quedar nun segundo plano. Calquera traballo coas mans non é so útil senón que fai que conectemos co mundo físico e que desenvolvamos tamén creatividade e competencias novas e valiosas que enriquezan a nosa vida cotiá.

 Ramón Santos dedica a súa vida laboral ao sector textil. Patronista, experto en técnicas textiles ademais de deseñador de vestiario, dá clases de costura, padronista, calceta e gancho.

Neste obradoiro ofrécenos un primeiro achegamento á costura a man, aprendendo técnicas sinxelas e útiles para coser distintos tipos de botóns. Descubriremos como elixir a mellor técnica segundo o tecido e como reforzar a costura para lograr maior resistencia e durabilidade.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión